Ei,¿pero que pasa neste foro que está morto?¿Onde van aqueles que hai 4 meses saían pedindo cambios e criticando todo o que se facía? ¿Agora non teñen nada que dicir ?
A verdade é que non é o mesmo que na prensa saía "os pupilos de Nando(ex-xogador do Deportivo....")que "os pupilos de fulanito dos palotes", "o Somozas internacional" que o Somozas enxebre, todo queda moi ben e chama moito de cara a outros intereses, pero...
A culpa non era do adestrador nin dos xogadores que botaron, nin é de Nando nin dos que viñeron.¡¡¡¡Sr. Candocia!!!!!eu penso que se equivocou e que mesturou cousas que non se poden mesturar.Os amiguismos e ese tipo de cousas non son bos compañeiros no campo de fútbol.
Pero bueno, "O FEITO,PEITO" e agora a intentar salvarse como sexa; porque como seguidor que son do Somozas dende hai anos e o que todos desexamos, aínda que estemos desilusionados co que vemos. Pero si non puidera ser...UN CONSELLO:aproveitade pa aprender idiomas que vos sae de balde e que pode ser útil en futuros fichaxes e para o ano que vén se non seguen Nando,creo que Nadal cando deixe "Mira quien baila"podería estar interesado en vir ....

